LIBROS RECOMENDADOS


Que libros imos  recomendar :



É unha historia repleta de acontecementos totalmente real, na que conta a maestría de Mozart. Fai moitas viaxes, onde coñecerá a moitas persoas famosas non so do mundo da música senón que tamén recorrerá  palacios das cortes dos reis europeos. Todos escoitarán a súa increíble música para catalogar o seu nivel de interpretación. Nelas sempre sairá victorioso. Realmente é un libro cunha gran historia tanto no principio coma no seu final. Cheo de historia e comentarios cómicos do protagonista e enche de satisfación a quen o lea.
                           Florencia del Pópolo Calzada        




TÍTULO : "Experimenta con el sonido"
AUTORES : Wendy Baker y Andrew Haslam
EDITORIAL : SM       
Aos lectores deste curioso libro encantaralles porque aporta como se fabrican obxectos para recibir o son ou para emitilo con utensilios coma : unha botella de plástico, de auga e un pau de varredor, unhas chapas de botellas de refresco, unhas gomas ...
Este libro xa o hai na biblioteca do noso colexio. Tamén hai outros dous libros máis moi interesantes da mesma colección : " La electricidad" , " La Tierra". Estou seguro de que aos lectores lles gustará.

                          Andrés Cao González
Andrés Cao González         



TÍTULO : Queres se-lo mozo da miña irmá?
AUTORA : Maite Carranza
Editorial : Edebé-Rodeira
                                                                                   
            Narra unha historia sobre unha nena chamada Alicia que está farta  das contestacións e comentarios da súa maleducada irmá maior, Sonia.
              No verán vanse de vacacións toda a familia e á Alicia ocórreselle unha idea que xunto ao seu amigo, apodado " O Cenoria" fará atopar un mozo para a súa irmá.
Unha historia entretida , divertida na que Maite Carranza consegue poñerche no peor lugar : o dunha irmá pequena. Cun final espectacular para pechar esta marabillosa obra.


                Inés Macías Tarrio