MORRE ANA KIRO
A arzúana, cantante, actriz e presentadora de televisión, faleceu aos senta e oito anos en Mera(Oleiros).

FLORENCIA
Homenaxe a Ana Kiro en Mera
SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
O pasado venres, oito de abril; a nosa clase , 6º A de Primaria,disfrutamos dunda magnífica excursión a Santiago de Compostela. Esta cidade é a capital de Galicia que goza de fermosos monumentos coma a Catedral, o Hostal dos Reis Católicos ou o mosteiro de San Domingos de Bonaval no que se atopa o Museo do Pobo Galego.
Ao principio, algúns estabamos demasiados nerviosos por como sairía a excursión pero nada mais chegar ao colexio tranquilizámonos e puxémonos moi contentos .
A visita empezou como non, no cole. Á primeira hora da mañá , a nosa profesora Cecilia presentounos as guías chamadas Nati e Charo que tiñan unha gran experiencia nesta cidade. Na escola deronnos uns folletos explicativos. Acto seguido subimos ao autobús cara Santiago. A nosa primeira parada foi o Museo do Pobo Galego.Alí esperaba unha guía para ensinarnos o museo. En primeiro lugar,presentounos unha escaleira moi especial, chamada triple escaleira helicoidal feita polo arquitecto Domingo de Andrade.
Máis tarde fomos á sección marítima, onde nos explicaron os tipos de embarcacións. A dorna para navegar pola ría e as de menor tamaño para pescar polbos. A traíña ou traíñeira para capturar sardiñas e navegan en mar aberto. Actualmente, fanse competicións porque antigamente competían a ver quen chegaba primeiro ao porto e poñerlle valor aos peixes. É claro,onde meterían os alimentos para conservarse sen neveira naqueles tempos? Alí nolo explicaron:salgados, secándoos ao sol, afumándos...
A continuación, fomos á sala das profesións na que había oficios desaparecidos. Vimos oficios antigos como afiadores, zoqueiros... Os canteiros tiñan unha linguaxe propia que se chama “lingua dos arxinas” e a dos afiadores, baralletes. Na sección do campo, aprendemos que segundo a importancia da familia adornábasnse máis ou menos os carros e xugos que usaban. Cantos máis adornos máis rica era a familia ou so querían presumir.
A continuación dirixímonos ao parque de Bonaval para tomar a merendiña de media mañá e un descansiño.Antes de marchar fixemos un círculo e íamos pasándonos unha cuncha de viera. Quen a tivera tiña que dicir o seu nome e a que viña a Santiago. Houbo xente que dixo cousas moi graciosas. Repartíronnos unha baralla de cartas que contiñan diferentes monumentos de Santiago.
Logo, fixemos un roteiro polas rúas de Santiago. Tíñámonos que fixar moito,pois había que recoñecer o monumento que cada quen tiña na carta que lle tocara.
Na catedral asegurámonos dunha cousa que poñía no museo. Os canteiros firmaban nas súas pedras con distintos signos. Poderían ser así : ф Җ ك ۩ ☼ Д ... Xa no interior, observamos as fíguras que estaban nas pedras da catedral.
Despois, fomos xantar á Alameda. Había unha estatua dunhas señoras que facían chamarse “Marías”. Eran moi graciosas e fixémonos unhaa foto en grupo con ellas.
Ao rematar de xantar e descansar fomos facer o itinerario do río Sarela, onde coñecemos a parte verde de Santiago. Acabamos merendando e xogando no parque de Vistalegre. Subimos ao bus e regresamos cara o colexio.
A parte de todo esto que contamos tamén aprendemos a convivir cos amigos e a ser compañeiros, a respectar o medio onde vivimos e a saber que hai outras formas de vivir.
NOTAS
- Foi unha excursión moi emocionante, danme gañas de repetir.
- Durante todo o día sentinme moi afortunado porque outros coles non poden ir de excursión por falta de fondos.
- Antes de entrar na Catedral estaba impaciente por entrar. No Museo do Pobo Galego ensináronnos moitas cousas que eu antes non sabía e gustaríame volver para ver o museo completo.
- A min alégrame de que agora Santiago sexa un lugar de excursión e gustaríame volver.
- A min esta excursión gustoume e penso que deberíamos facer máis saídas coma esta.
- Na miña opinión pareceume unha saída moi interesante na que aprendín moitísimo ademáis de pasalo xenial. Encantaríame volver a Santiago!
- Cando ía no autobús ía nerviosa pero logo pasáronme os nervios.Paseino xenial, eu volvería mañá.
- Ao volver, no bus sentín tristeza porque non me quería ir dunha cidade tan bonita.
- Unha excursión marabillosa e unha viaxe moi pero que moi graciosa e fantástica.
- A paisaxe, os edificios, os roteiros, as curiosidades eran chulos pero aburríronme as esperas e as explicacións longas.
- Eu paseino moi ben cos meus compañeiros. A parte que máis me gustou foi o tramo do río Sarela. Gustoume porque recordoume moito a aldea da miña avoa onde o paso xenial, xa que os carreiros son moi fermosos.
Alumn@s de sexto A